Monday 29 de April de 2024

Roberto Castro, do Movemento Veciñal de Touro, novo alcalde do Concello de Touro


Roberto Castro, do Movemento Veiñal de Touro, é o novo alcalde do Concello de Touro. Foi elexido esta tarde na sede do Concello de Touro pola nova Corporación Municipal, integrada por 11 concelleiros e concelleiras e elexida nas eleccións municipais do pasado 28 de maio de 2023. Roberto Castro, para resultar elexido novo rexedor do Concello de Touro, contou cos votos da súa formación (4 concelleiros e concelleiras), o voto do concelleiro do Partido Galego, Jesús Martínez Pereira; e o voto do concelleiro do BNG, Xoán Louzao. O candidato do Partito Popular, Jesús Reboredo, contou cos cinco votos dos edís do PP. A nova Corporación Municipal do Concello de Touro queda integrada polos seguintes concelleiros e concelleiras: Jesús Reboredo, Rebeca Codesido, Alfredo Souto, Isolina Suárez e Carmen Carreira do Partido Popular; Roberto Castro, Darío Rey, Angélica Lamas e José Luis Ramos, de Movemento Veciñal de Touro; Jesús Martínez Pereira, do Partido Galego; e Xoán Louzao, do BNG.